miércoles, 3 de febrero de 2010

Somos pacificadores e temos unha misión


Somos pacificadores cunha misión moi importante: recordar que a paz depende de todos nós. O vindeiro día 30 de xaneiro conmemoramos o DÍA DA PAZ e por iso imos recordar ao mundo que temos unha misión que dura o que dura a nosa vida.

Propóñovos o seguinte: buscar videos, canción , poesías, curiosidades... sobre emocións ou sentimentos que asociedes coa PAZ. Vou a empezar eu, como para min a paz implica LIBERDADE (liberdade para expresar opinión, liberdade para falar, respeto pola liberdade dos demáis) preséntovos dúas curtas que tratan este dereito.

A primeira "La sonrisa del pez" é unha curta que foi gañadora do Festival de cine de Berlín do ano 2007. É unha historia con final feliz.





A segunda chámase "Jaulito" e a pesar de ser unha historia un tanto macabra e ter un final menos feliz que a primeira, está chea de significado. Se sodes moi sensibles, recoméndovos non vela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario