sábado, 30 de enero de 2010

Carta de desamor de Cenicienta al Príncipe Azul


Recuerdo con emoción el día que nos conocimos. Recuerdo el día que calzaste mi pie y fui la primera de todas en tu corazón. Recuerdo el primer beso de todos los que siguieron. Recuerdo aquellos días y me entristece pensar que aquel Príncipe Azul ya sólo queda en mis recuerdos.

Qué quedo de buscar a tu princesa, de pensar en ella, de ser la primera y lo primero en tu vida. Ahora ya sólo te interesa ir a tus batallas, de las que no vuelves en meses, ir a cantinas de mala muerte y acompañarte de otras mujeres. Estoy harta de estar en mis aposentos esperando a que llegues, de sólo esperar. Quiero hacer otras cosas, puedo esperar pero no puedo perder el tiempo, mi vida, esperándote.

Te quería pero ahora que conozco al Príncipe Azul que eres ya no puedo quererte. Quiero ser libre para encontrar a alguien que me quiera y para poder empezar a quererme yo misma.

No me esperes cuando llegues, ya no estaré en la celda de tu castillo.

(Una princesa que ya no quiere ser princesa)

Chega Valentín!!


Queda menos para o día dos namorados e para iste día vos propoño o seguinte: facer unha carta de amor ou desamor entre as persoaxes que vos mande por correo. Estamos desexando ler as vosas cartas, a ver con que nos sorprendedes!!


viernes, 29 de enero de 2010

Deseos de paz


En este día de la paz deseo:
Que no haya más guerra y que el mundo esté en paz.
Que ningún niño sea soldado
(Jonathan López)

El día de la paz

En el dia de la paz yo aporto estas frases:
- Que no haya guerra en todo el mundo
- Las palomas llevan flores en el pico para simbolizar el día de la paz
(Christian Garcia)

Regeton de paz

Este video quiere simbolizar la PAZ
(Jonathan Quintela)

La paz no viene sola

Os hago esta presentación para enseñaros como yo veo la realidad de la paz
(Brais)

lunes, 25 de enero de 2010

A callarse toca!!!!!

Bueno, chicos/as que os parece este videoclip?
La voz, espero que la hayais reconocido, es de Julieta Venegas y la letra es de Pablo Neruda, el título "A callarse" .
El vídeo lo han realizado los alumnos de Comunicación Audiovisual de la Facultad de la Comunicación de Sevilla. Que os guste mucho!
(Laura)

"Señora"

A continuación preséntovos a canción " SEÑORA" de Joan Manuel Serrat.
Como curiosidade direivos que existen dúas versións, unha feita polo seu autor e outra máis moderna interpretada por "Marea", un grupo de rock español.
(Martin)

martes, 19 de enero de 2010

Corro 20 metros e afogo, son minusválido/a?

Cando falamos de minusválidos físicos, a moitos/as se lles ven á cabeza a imaxe dunha persoa que anda con dificultade ou que non pode andar...(vamos a parte negativa) pero non pensan en todo aquelo que as persoas cunha deficiencia física poden facer e que, en moitas ocasións, é superior ao que as persoas sen esa minusvalía poden realizar.

Habería que modificar conceptos, maneiras de pensar porque... se eu corro 20 metros e afogo e, vexo o que me mostran os videos que veñen a continuación, dicídeme quen é o minusválido/a?

lunes, 18 de enero de 2010

Surf


Para inaugurar a etiqueta "Sanotes/as" e contribuír á máxima "Mente sana en corpo sano" votade unha ollada ás praias galegas donde habitualmente faise surf. Quen sabe ó mellor algún/a anímase!

Para curiosear ide ao seguinte enlace:

http://www.fgsurf.com/webcams.html

jueves, 14 de enero de 2010

Isto non é unha película!!


Hai pouco, mais concretamente o mes pasado, decembro, tivemos no noso IES unha visita moi especial nos cursos de 2º ESO dentro da área de Educación para a cidadanía (aproveito a ocasión para dar grazas a Esther por ofrecernos esta experiencia). Como a visita foi moi interesante e nos gustou tanto pero soamentes o alumnado de 2º e algún de 1º puido aproveitarse da mesma, queremos achegárvola a todos aqueles/as que nos visitades.

Como vos dicía, tivemos unha visita especial, visitáronnos dúas persoas que hai un tempo se equivocaron na ruta que tiñan que coller na súa vida e que hoxe están vivindo as consecuencias das súas eleccións.


J. R e D. teñen 32 e 23 anos respectivamente e compartiron con nós a súa experiencia como internos dun cárcere galego. Viñeron acompañados de dous titores que lles están axudando a conseguir que teñan un futuro cheo de ilusión.

J.R e D. non ocultaron a súa identidade nin mostraron reparos en contar as súas vivencias e experiencias persoais, para axudarnos a que nós, que estamos nunha situación de liberdade, puideramos decidir continuar sendo libres e aprender dos seus erros. Eu non vou a desvelar a súa identidade, pero si que tentarei relatar todo o que nos contaron o mellor que poida. Que vos cheguen as súas experiencias sería o mellor dos agasallos tanto para nós como para eles, de vós depende!!!!.

A vida e as experiencias de J.R

J. R. leva dende o ano 98 no cárcere por dúas condenas. Dende moi novo comezou a fumar porros e coma todos/as os/as drogodependentes unha vez enganchado comezou a consumir todo tipo de sustancias (coca, ácidos, alcol, pílulas, tabaco), ó final unhas levaron a outras e calquer cousa valía para drogarse.
J.R. tiña unha boa posición económica, pero as cousa comezaron a cambiar porque todo o que tiña o gastaba en drogas e cando xa non tiña con que pagar o que consumía, comezou a realizar atracos. Así chegou ao cárcere e quedaron atrás os moitos amigos que tiña, as festas, a parella, unha filla que estaba por chegar ó mundo... Todo quedou atrás e soamente quedou el, a droga e o cárcere, unha difícil combinación.

A súa primeira condea foi de 7 anos, 7 anos moi duros. Chegou con 23 anos. Tivo que buscarse a vida, vivir situacións duras, sobrevivir... porque no cárcere non se separa á xente polos delitos que cometera, nin polo diñeiro, nin por os estudos que adquiriras, nin pola idade... Todos conviven ou iso é o que hai que intentar facer sexan e veñan de donde veñan (por certo o cárcere é unha torre de babel con persoas de todas as partes do mundo, de toda Galiza, de toda España).


Fixádevos se foi duro todo este tempo que xa o primeiro día acabou na celda de aillamento por pelexar cun interno e intentar defender o que era seu (un reloxio). E ise non foi o único día que estivo aillado porque J.R sentíase “ rebotado" co mundo, co cárcere e as pelexas e conflitos con outros internos ou cos funcionarios/as eran contínuos. Naquela época non era consciente de que collera un camiño que non levaba a nada bo.

Cando J.R cumpriu a súa condea e saiu do cárcere encontrouse que non sabía relacionarse coa xente. Contounos que isto foi así porque durante istes 7 anos (dos 23 aos 30, que etapa máis estupenda e que triste pasala no cárcere) non estudara e non completara os seus estudos, non sabía falar máis do que coñecía (o cárcere e as drogas), non tiña a eses amigos cos que facía grandes festas porque ou morreran polas drogas (sorte que J.R está san e non ten ningunha das enfermidades habituais nos drogodepedentes: VIH, hepatite, esquizofrenia...) ou estaban no cárcere ou simplemente desapareceran da súa vida e, tampoco tiña a súa parella, nin coñecía á filla que nacera cando el ingresara no cárcere.

Sen traballo, amigos e sen estudos, e sen resolver a sua adición é doado voltar de novo ó cárcere. E así foi. Volveu a caer na droga e de novo cometeu atracos para costeala.

Na seguinte condea e despois de todo o vivido, J.R cambiou o “chip” e deuse de conta de que por esa ruta que collera non tiña que volver a camiñar. Dende ese momento, fixo varios cambios: comezou a estudar, sacou o graduado e isto lle deu confianza nas súas posibilidades e nas súas capacidades, comezou o bacharelato ( agora mesmo está a cursar 2º de bacharelato) e ao mesmo tempo e como superou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos tamén é alumno de 1º de Psicoloxía, e por si isto fora pouco colabora titorizando a outros internos nas clases de novas tecnoloxías no cárcere e comparte co alumnado dos institutos a súa experiencia coas drogas e o cárcere.

Dentro de pouco, nuns meses, J.R. cumprirá a súa condena e sinte que a súa vida se está ordeando porque está mellor consigo mesmo, ten maior autoestima, leva dous anos rehabilitado das drogas (unicamente lle queda pendente o tabaco pero ten proxectado deixar de fumar) e ten uns estudos que lle permiten falar de moitas cousas, entender a vida doutra maneira e buscar traballo.
Parabens J.R!!, estás a pechar o derradeiro capítulo, agora xa estás preparado para escribir un novo libro, para vivir unha nova vida.


Demasiado pronto para entrar no cárcere

D. ten 23 anos e está no cárcere, a pesar de ser tan xoven, porque xunto con outros rapaces robaba coches simplemente para divertirse. Reflexión: Cantas veces se pensa que os menores non poden ter privación de liberdade (para iso están os centros de menores e casas tuteladas) e que os delincuentes fanse unicamente de adultos! Recordade que todo o que facemos conta para convertirnos no que seremos mais adiante.

Como xa nos dicía tamén o seu compañeiro, non foi doado chegar ao cárcere e que che digan “ agora relaciónate” porque no cárcere ademáis de rapaces que se equivocaron e se divertían roubando coches tamén hai persoas de todas as idades, todo tipo de delitos (asasinatos, violacións, terroristas...), ideas, caracteres...

Iste foi o primeiro dia que D. participa na experiencia de contar a rapaces/zas a súa experiencia. Hoxe o está a facer moi ben, o pasado non se borra pero agora está escribindo o seu futuro en positivo. Ánimo D.!!!!


Moitas grazas...


Por deixar as aulas en silencio cando os rapaces e rapazas escoitaban con moita atención e interese as vosas experiencias, por compartir cousas tan privadas, por decidir con sabiduría falar dos erros e da posibilidade de decidir camiños mais positivos... moitas grazas J.R e D.

Moitas grazas tamén aos titores, que nos transmitiron ilusión pola posibilidade de facer cambios nas vidas das persoas, por deixarnos ver como é o camiño ao cárcere e como son as instalacións por dentro, e por contarnos as impresións que ten unha persoa con liberdade cando entra no lugar no que os seus inquilinos/as están privados dela.


Grazas a todos!!!!

DESPOIS DE LER ISTAS EXPERIENCIAS REFORZAMENTES QUERE APORTARTE ISTAS REFLEXIÓNS E ALGÚNS ENLACES MOI INTERESANTES

Se dende que somos adolescentes comezamos a nosa loita pola identidade persoal, pola nosa liberdade e a nosa independencia, por que o vamos a estropear e imos a meternos no corpo sustancias que van a decidir por nós?

Eres libre e independente cando…:
-Queres deixar de fumar ...pero non podes?
-Qeres divertirte pero… necesitas un trago, unha raia…?
-Sofres un episodio psicótico e tes unha alucinación pola enfermidade mental que che produciu o consumo de algunha sustancia?
-…?


Quen decide?

Ti decides as primeiras veces, logo xa non, por iso non podes deixa-lo... Xa dependes; a túa vida, a túa saúde a deciden as sustancias que un día decidiches meter no teu corpo !!
E da túa dependencia, non o dubides, dependes ti e mais os que te rodean, porque sempre se perxudica a un e mais aos demais!!

Está claro, ti decides, pero ... decides ben ou mal?

Cando decidas, ten en conta que sempre hai consecuencias ( boas ou malas). Para decidir hai que coñecer estas consecuencias, e a pesar de toda a información que existe ás veces non estamos informados. Para que esto non ocurra e cando decidas, decidas o mellor para ti, deixámoste aquí a información, experiencias e opinións de persoas que están ou estiveron enganchadas, dos seus familiares, amigos, médicos, psicólogos…

Enlaces:

-www.cuatro.com/videos/indice.html?palabra-clave=%20drogas.&buscar=ok (reportaxes e videos do programa Callejeros sobre o mundo das drogas:trapicheo, mafias, experiencias de drogodependientes…)
-http://www.drogasycerebro.com/ (videos e animacións que explican os danos no cerebro …)
-http://www.dedrogas.com/ (noticias e comentarios, videos, información…)
-http://www.laantidroga.com/ (dirixido ás familias)
-www.diarioperfil.com.ar/edimp/0299/articulo.php?art=10097&ed=0299 (entrevista a unha investigadora dos efectos neurolóxicos das drogas)
-www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=30042
-www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=61550 (menos fumes, para deixar de fumar)

PORQUE DECIDIR É UN EXERCICIO DE LIBERDADE… DECIDE NON DEPENDER!!