miércoles, 3 de febrero de 2010

Exclusiva: Heidi deixa a Hortensio e marcha con Pedro


Axencia Eme

Segundo fontes desta axencia, no próximo número da revista “Ola, aquí estou!”, publicaráse unha exclusiva que confirma a ruptura entre Heidi e Hortensio, directivo da ONG “Verdes sen fronteiras”. Os rumores de separación acentúanse dende que nas últimas aparicións públicas, Heidi aparecera sen a compañía da súa parella.

A xove empresaria que, recordemos, é unha das solteiras de oro e é considerada unha das maiores empresarias de Europa, tras acadar un éxito comercial sen precedentes coa súa nova técnica para conseguir que as persoas con imsonio consigan durmir contando unicamente 5 ovellas, parece que está iniciando unha nova relación con Pedro un xove pastor amigo da súa infancia.

Achegados a Heidi confirman que a empresaria comunicou ao seu entorno próximo, a intención de trasladarse ao Courel donde manifesta que será mais feliz. Asimesmo, segundo testimonios dos compañeiros de pastoreo de Pedro, existen probas dos encontros secretos en escondites que a parella ten na montaña lucense e mensaxes de amor verdadeiro nas lascas, cruces de camiño e cortizas de vellos castaños.

Hortensio, pola súa banda, tomou a noite pasada un vo con destino ao Amazonas coa intención de superar a ruptura sen a presión mediática que suscitará a publicación da reportaxe do romance da nova parella.

No hay comentarios:

Publicar un comentario