viernes, 18 de diciembre de 2009
Feliz Nadal, reforzamentes!!
jueves, 17 de diciembre de 2009
miércoles, 9 de diciembre de 2009
Televisión "Futuro"

A televisión que vostede acaba de mercar trae un mando, unhas instrucións, e uns cables secundarios.
Pasos para poñer a televisión en funcionamento:
1. Hai que enchufar todolos cables no seu sitio e a unha toma de corriente.
2. Hai que programalo no botón azul para escoller os canais que vostede quere ver
Sustantivos: cables, instrucións
Adxetivos: secundarios, azul
Autor: Damon
sábado, 5 de diciembre de 2009
viernes, 27 de noviembre de 2009
Noticia: Alex Ubago faille a competencia a Alejandro Sanz
Alejandro Sanz. Me gustas cuando callas
http://www.poesia-inter.net/reci0003.htm
jueves, 26 de noviembre de 2009
Deus ke te crew
plasplasplasplasplas (aplausos)
Que non sabes quenes son Deus ke che crew...? Pois busca xa información do grupo e dinos como se chama o que compuso a canción do video. Aínda estás aí!? Veña busca en internet e publica os teus resultados en comentarios!
lunes, 23 de noviembre de 2009
tAitAntOs!!!

O celebrará coa familia e cos amigos e por suposto cos compañeiros e os seus queridos alumnos/as (porque o xoves tendes clase con ela).
Cantos anos pensades que cumpre? Aí van unhas pistas, cando era pequena... :
- vía a Abeja Maya, os paiasos da tele, Verano azul, 1,2,3, Félix Rodríguez de la Fuente...
- a TV era en branco e negro, había dous canles e poucas teles tiñan mando a distancia
- xogaba na rúa ao brile, á goma, á corda, a pillar...
- cursaba E.X.B
- todas as nenas chamábanse María... e os nenos José ... ou Juan...
- escoitaba Parchís, Enrique e Ana (ollo non son os profes)...
- bebía mirinda e as tapas de iogur tiñan premio
- tiña casettes, non había cds nin pen
- non tiña ordenadores, nin internet (a calculadora científica como moito) e tampouco móbil nin fixo inalámbrico
- cando lle daban un billete de 100 pesetas tiña un tesouro
- no cole, os seus profes seguían a máxima de "a letra con sangue entra"
- no inverno tiña frío e no verán calor (non había outonos permanentes como agora)
- os chicles cheiw eran case a única marca, os de fresa ácida e os de canela lle gustaban moito
domingo, 22 de noviembre de 2009
25 DE NOVEMBRO, DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

-FASE DE ACUMULACIÓN DE TENSIÓN: O maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina, móstrase molesto ante calquer comportamento da muller, insulta, menosprecia e realiza actos de violencia menor. A tensión prodúcese por conflitos cotiás. A vítima intenta calmalo e mesmo chega a culparse. A tensión aumenta ata chegar a fase seguinte.
-FASE DE AGRESIÓN: Prodúcese a agresión física, psíquica ou sexual grave. A violencia do agresor lle calma, non é unha demostración de forza, senón un acto de impotencia (como non alcanza as súas expectativas, sente que perde poder e agrede para recuperalo).
-FASE DE "LÚA DE MEL" OU ARREPENTIMENTO: Fase de calma ou arrepentimento, promesa de non volver a agredir. A vítima cre neste cambio e volve co agresor. Despois iníciase novamente o ciclo.
No enlace http://www.elmundo.es/documentos/2004/06/sociedad/malostratos/2006/diario_sara/index.html poderás atopar EL DIARIO DE SARA. Iste documento foi elaborado hai uns anos a partir do relato dunha muller que era vítima de violencia de xénero.
Neste outro enlace http://www.redfeminista.org/searchnoticias.asp?id=muertas2009 poderedes acceder aos casos de violencia de xénero que se produxeron durante este ano 2009. Tamén atoparedes datos de todos os tipos de violencia de xénero: maltrato psicolóxico(menosprecio privado e público, insultos...), físico (golpes,feminicidios, homicidio por honra...) e sexual (violacións, mutilacións xenitais, acoso sexual, prostitución...).
Con estes datos e como homenaxe ás vitima de violencia de xénero, cada un de nós fará un cartel adicado a unha vítima e unha mensaxe en contra desta violencia.
VAI POR ELAS!!! VAI POR TODOS/AS!!!
Obxecto misterioso nº 10
Para min solo sirve para multar a xente e gañar cartos
Autor: Damon
Obxecto misterioso nº 9
Serve para que non se fagan por riva deles as súas necesidades.
Teño un amigo pequeno que o tuben que cambiar.
Autor: Cristian
Obxecto misterioso n 8
Usase para flotar. Axúdalle ás persoas para non afogar e tamén para aprender a nadar.
O obxeto do que vos estou describindo eu usabao cando ia á praia para non afogar e poñiao na cintura.
De pequena axudoume moito para quitarlle o medo a auga. Eu tiña un que parecia un pato.
Autora: Andrea
Obxecto misterioso nº 7
Autor: Brais Barros
martes, 17 de noviembre de 2009
Para pensar...
OPINA NO APARTADO COMENTARIOS: Que pensarían os rapaces/zas do video se souberan que nalgúns sitios a xente "lata", non lle da importancia a titular, non coida o seu material ou non agradece que os profes intentemos que os nosos alumnos/as sexan mellor cada día?
viernes, 13 de noviembre de 2009
Enquisa
- Nada.
- Leite con cereais e un vaso de zume.
- Unha peza de froita e unhas tostadas.
- Depende do dia.
(Autora: Andrea)
Manual de instrucións da televisón "Colleluz"
Cando hai tormenta non se debe usar e menos tocala se tes as mans molladas.
- Adxetivos:molladas
- Sustantivos:antena, televisión, mans
- Conectores:primeiro
(Autora: Andrea)
jueves, 12 de noviembre de 2009
15 anos!!
miércoles, 11 de noviembre de 2009
Feliz santo Martín !!

PeorEsNada.com
Chegou o Magosto, chegou o San Martiño e o tempo da matanza e, chegou tamén o santo do noso reforzamentes Martín!!
Felicidades Martín porque é o teu santo e porque tamén estás comezando a traballar moi ben no blog e na clase.
Un biquiño e unha apertiña de todos/as os/as reforzamentes!!
Enquisa hábito de almorzar
a) Galletas e leite
b) Zume de laranxa,leite e galletas
c) Torradas e marmelada acompañado de leite
d) Outro almorzo
e) Non almorzo
autor : Martín
martes, 10 de noviembre de 2009
Cómics
lunes, 9 de noviembre de 2009
jueves, 5 de noviembre de 2009
Linterna "Sorrisos"

No embalaxe da linternas "SORRISOS" encontrará: (2)BOMBILLAS e (2)PILAS DE BOTÓN.
Para usar a linterna sonrriso debe pulsar o botón superior e xa estará listo.
- Adxectivos: superior
- Sustantivos: sonrriso, linterna
(Autor: Brais)
miércoles, 4 de noviembre de 2009
Vespinopino

Para acendela ten que soster o gatillo do aire, meter a marcha e presionalo un pouco. O acelerador atópase no manillar no lado dereito e o gatillo do aire na parte de abaixo do manillar polo ladoesquerdo.
¡¡ sorte con el e ande con coidado!!
Ventilador "Valerius 1025"

Cortacesped Pepito Grillo

El cortacesped Pepito Grillo que ha comprado lleva una cuchilla, un motor de gasolina y una palanca para acelerar.
El motor funciona a gasolina y tiene un deposito de 5L. Para arrancar el motor tire de la anilla hacia fuera. Para acelerar pulse la palanca que que hay debajo de la manilla y para frenar suelte la palanca del acelerador.
El cortacesped no se puede utilizar con la hierba mojada, debido a que se puede atascar y no cortar la hierba. Usted tampoco puede utilizar en lugares donde haya piedras debido a que pueden saltar y hacerle daño
sustantivos: cortacesped y cuchilla
adjetivos: acelerador y mojada
Autor: Manuel Sánchez Sánchez
Obxecto misterioso nº 6
Está feito de plástico e ten un microchip.
Outilizamos a meudo cando vemos a televisión. É seve para cambiar de cadena.
En mi opinión e un obxeto fantastico devido a que puedes cambiar de cadena desde el sofá.
(Autor: Manuel)
martes, 3 de noviembre de 2009
Reporteiros Principiantes
As próximas reportaxes, serán as vosas!! Ánimo!!
lunes, 2 de noviembre de 2009
De linguas e linguaxes / De lenguas y lenguajes
En el primero, vemos a un niño que habla varias lenguas: francés, inglés... pero que emplea un único lenguaje. ¿Sabes cual? sí, acertaste, el lenguaje que utiliza es el Verbal. El lenguaje verbal es el lenguaje que utilizamos para comunicarnos mediante palabras, bien sea de forma oral o escrita.
Hay diferentes tipos de lenguaje en función de los códigos que se empleen: palabras, imágenes, gestos...Todos conocemos ejemplos de lenguajes: el Morse, el lenguaje de signos...
Ahora Reforzamentes te va a pedir que incluyas en Comentarios algún ejemplo de Lengua y Lenguaje o informes del código de algún video que pueda explicar los dos conceptos.
sábado, 31 de octubre de 2009
Historias de medo, moito medo!!!

Era una noche de Halloween. El chico de la Calle 13 estaba haciendo una ouija invocando a la Santa Compaña y de repente, escuchó “tu familia morirá y tú una tortura sufrirás”.
La familia del chico murió y el chico descansa desde entonces debajo de la casa.
Pasados 3 años derribaron la casa y encontraron el cuerpo del chico sin la cabeza. Al día siguiente del derrumbe, la casa estaba de pie otra vez. La volvieron a derribar y esta vez encontraron el cuerpo entero. Se le preguntó “Qué escondes?”a lo que respondió “Dejádme o moriréis todos” y a continuación volvió a desaparecer.
Hoy día la casa sigue allí vigilada por el chico y nunca nadie se atrevió a volver por miedo a que cumpliera su amenaza.
Autor: Brais Barros
viernes, 30 de octubre de 2009
martes, 27 de octubre de 2009

En primeiro lugar, debe saber que o seu ordenador funciona con electricidade.
O seu ordenador pode gardar máís de mil billóns de arquivos dependendo da súa capacidade de almacenamento. Lle permite buscar información pola rede, chatear, facer textos...
Para empregalo hai que conectalo á rede eléctrica e se quere internet debe comprar un módem. Pulse o botón de encender e use o teclado e o ratón para desplazarse pola pantalla.
Sustantivos: rede, información
Adxectivos: eléctrica
Conectores: en primeiro lugar
sábado, 24 de octubre de 2009
Halloween /Samaín
Para celebra-lo, "Reforzamentes Films" vos invita a ver a curta "La Leyenda del Espantapájaros"pero vos advirte que houbo un problema coa subida da curta e o narrador non se escoita. Vos, que sodes rapaces/as con maxín, ides convertirvos en narradores/as ...de película e tentaredes facer un guión para o narrador/a. Os guións participarán nunha pequena gala e os máis votados os grabaremos e os subiremos a un audio no blog. Sorte aos participantes!!
The End
Un pouco de música amansa ás feras...
Isto de non saber inglés!! Podedes contarlle a Reforzamentes de que vai a historia da animación musical? Entrade en Comentarios e dicide que vos pareceu o vídeo, a música... e sobre todo explicádelle a Reforzamentes de que vai a animación, por favor!!
viernes, 23 de octubre de 2009
Manual de Instrucciones del Wuindous SP
- Sustantivos: ordenador , enchufe.
- Adxetivos: húmedo
- Conetores: en primer lugar
(J.López)
Instrucións Moliniño "Supermoedor"

- non empregar debaixo ou cerca da auga,
- non permitir que os nenos pequenos xoguen co aparello.
- Adxectivos: pequenos
- Sustantivos:molinillo, café, botón
- Conductores: primeiro, a continuación
(Autor: Tito)
Manual de instrucións da aspiradora "Aspiratodo"

- botón de encendido e apagado
- botón para regula-la forza do aspirado
- cepillos para alfombras, parquet, polbo
- tubo para aspirar a auga
- Mangueira de aspirado
- Depósito da bolsa
- Luz indicadora de bolsa chea
Unha vez que está familiarizado coas súas partes, para poñela en funcionamento debe enchufala á corriente eléctrica. A continuación, escolla a velocidade do filtrado e o cepillo da superficie a aspirar.
Consellos de utilización:
- Vacia-la bolsa unha vez chea
- Empregar o cepillo adecuado para cada superficie
Adxectivos: indicadora, chea
Sustantivos:enchufalo, escolla
Conectores: a continuación
(Autora: Laura)
Manual de Instrucións do "Cañón N876"

- Adjetivos:fijo
- Sustantivos:cable,mando.
- Conectores:en primer lugar,a continuación
(Autor: J.Quintela)
Manual de Instrucións da Fotocopiadora "Omba"

A fotocopiadora Omba que acaba de mercar funciona pola rede eléctrica. Debe saber que para encendela debe pulsar o botón de encender e para apagar debe pulsar o botón stop. A fotocopiadora serve para imprimir e fotocopiar os documentos.
Consello de utilización:
- ter coidado cos folios cando se pegan .
- Adxectivos: eléctrica
- Sustantivos: fotocopiadora, rede
- Conectores:
miércoles, 21 de octubre de 2009
Obxecto misterioso nº5
Serve para mascar.
A min gustame os de menta. A min me mandaron durante todo o curso firmar partes por mascalo.
(Daniel)
Hábito de almorzar antes de ir a clase
De como ser un/ha bo/a enquisador/a

- unha introdución explicando o motivo da enquisa
- explicación sobre a forma de responder (marque cun x, marque por orde de preferencia 1,2,3)
- unha ou varias preguntas
- alternativas de resposta ( sí/no, moito/pouco/nada...)
- agradecemento pola colaboración
Ó longo do curso vos propoñerei facer diferentes enquisas en formato papel ou a través do blog. No caso de incluir a enquisa no blog, unicamente faremos unha pregunta con varias posibles respostas e pensaremos canto tempo ofrecemos para conseguir os datos.
As enquisas serán anónimas e publicaremos os resultados globais no noso blog.
EXEMPLO
(Introdución)
O centro ten previsto realizar unha excursión de fin de curso cos alumnos de 4º. Con este motivo, desexamos coñecer os seus desexos e preferencias.
(Forma de responder)
Pon, por favor, unha X enriba da opción que prefiras
(Preguntas e alternativas de resposta)
- Participarías na excursión? Sí / non
- Gustaríache que a excursión durase .... 2 días / 3 días / 4 días
- Prefires que inclúa actividades deportivas .... sí / non
- Prefires que a viaxe se realice en tren / en autobús
- Queres hospedarte en albergue/ tenda de campaña/ hotel
viernes, 16 de octubre de 2009
MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

- Pincha aquí e accede ao XOGO:http://juega.msf.es/
viernes, 9 de octubre de 2009
Somos uns-has contistas / Somos unos-as cuentistas
-Allan-Sanders-2008-The-Superheroes-713102.jpg)
Como somos xente con maxín imos a contar os nosos contos, tralalá, tralarita!!!.
Vou a empezar eu ...Se queredes podedes por entre paréntese o voso nome cando rematedes o voso "retaliño"
"PEPE, MARI E FAMILIA. HEROES DE ANDAR POR CASA"
(Autores: J.López, J.Quintela, Reforzamentes )
“De cando Pepe e Mari se coñeceron”
Cando estaban a cursar 2º da ESO, comezaron a decatarse de que tiñan algo especial que os demáis non tiñan. Mentras os demáis rapaces estaban sufrindo cambios propios da adolescencia: os graniños da cara, os primeiros afeitados ou depilacións, as negociacións na casa para as primeiras saídas cos amigos e amigas... eles ademáis sorprendíanse con cousas extraordinarias que podían facer.
Nunca coincidiran na mesma clase pero aquel ano cursaron xuntos unha optativa que se chamaba Obradoiro de expresión escrita. Nesta clase, un día de novembro, tiveron a oportunidade de coñecerse de verdade e dunha maneira moi especial.
Aquel día a profesora lles propuxera facer unha historia con varias persoaxes e Pepe e Mari que tiñan unha imaxinación ilimitada, puxéronse de contado a “debuxar” na súa testa a historia que ían contar.
Mari mirou para Pepe, que nese intre estaba con cara de pau. Mari decatouse rapidamente do que estaba pasando e descubriu que sen falar en voz alta eles podían comunicarse e ademáis “ver” o que o outro estaba pensando.
Que fantástico foi aquel descubrimento!!. Que fantástico foi coñecerse!! Que estupendo descubrir que había máis xente coma un!! pensou Pepe
Mari, probou a contestarlle e lle dixo que o mesmo pensaba ela, e que non podía haber mellor persoa que el para compartir todo o que estaban a descubrir xuntos.
Pepe ao escoitar aquela voz, púxose coloradote como un pimiento morrón porque aquela voz, non era unha voz calquera, era a voz da rapaza que lle facía latexar o corazón a ritmo de hip-hop.
E así foi como comezou a historia entre Pepe e Mari, pero do seu noivado xa falaremos noutra ocasión!!
(Reforzamentes)
"Pepe e Mari fan que a festa da Xuventude non se estropee pola chuvia"
Era o día da festa da Xuventude e o telexornal daba auga. Era todo un problema porque a festa ía ser no campo.
Ás 12:00 da noite cando o campo estaba cheo de xente que bailaba coa Paris de Oza ao son de "Devuélveme la vida", empezou a chover a chuzos e ventar moi forte.A xente empezou a marchar e tiveron que parar as orquestras.
Pepe e Mari entón decidiron que tiñan que facer algo. Usaron os seus poderes.
Pepe e empezou a soprar, soprar e soprar e o ceo empezou a aclararse. A lúa iluminou o campo.
Mari, pola súa banda, dedicouse rapidamente a secar os charcos.
A xente chea de ledicia volveu á festa a bailar. Todos empezaron a decir que era un milagre e Pepe e Mari sorriron para si.
(Laura)
“Pepe e Mari fan a súa primeira viaxe xuntos!!”
Pepe e Mari xa estaban cursando 3º da ESO. A dirección do instituto decidira organizar unha excursión ao Caribe. Xa que era caro, recurriron ao concello e acordaron que iría o alumnado que presentase un alto nivel de estudo ou medio polo menos. Entre o alumnado seleccionado encontrábanse Pepe e Mari.
Pepe e Mari estaban moi contentos coa excursión. Ao chegar ao aeroporto, todos puxéronse moi nervosos menos eles que estaban moi tranquilos. Cando o avión despegou, os nosos superheroes case nin o notaron porque estaban a contarse mentalmente cousas sobre os seus novos poderes. Durante a conversa e sin darse conta foron acercándose máis e máis ata case tocarse. Pepe púxose tan colorado que votou a correr cara ó baño e sen querer ao levantarse chocou contra o pé de Mari, ela agarrouno pola man para que non caera. Mari seguiu sentada no seu asento cando Pepe regresou xa tranquilo e se sentou no seu asento.
Cando chegaron ao seu destino e o avión aterrizou, todos se quedaron máis tranquilos. Á chegada ao hotel tódolos alumnos foron ás súas habitacións e coincidiu que Pepe e Mari estaban na mesma planta nas habitacións 105 e 106, un ao carón do outro, que ben!!
Despois de desfacer as súas maletas decidiron ir á praia. Ao chegar, viron moi pocas ondas. Non podía ser, algo tiñan que facer!! Os dous puxéronse mans á obra e provocaron un vento para que as ondas se fixeran de maior tamaño. Todos os xoves que había na praia puxéronse contentísimos e empezaron a surfear, incluso Mari e Pepe que o pasaron moi ben xuntos.
Tras unha longa xornada de surf regresaron ao hotel. No camiño de volta, Pepe viu un restaurante chulo e se lle ocorreu unha idea: invitar a Mari a cear. Pepe que era moi tímido esperou a que todos os compañeiros/as entrasen nas súas habitacións para dirixirse á porta de Mari. Pepe estaba todo colorado cando Mari abriu a porta, sacou forzas de onde non as tiña e invitouna a cear. Mari aceptou encantada e foi a vestirse de festa.
Durante a cea os dous falaron das actividades que fixeran polo día e da excelente idea que tiveran para arranxar o problema das ondas. Ao finalizar a cea, volveron ao hotel e no momento da despedida Mari tomou a inicitativa e besou a Pepe. Pepe quedou tan cortado que durante o resto da excursión non volveu a falar con Mari e iso que a excursión duraba sete días!!.
De volta ao seu país, volveron a falarse contando algunha tontería da viaxe e nese intre Pepe facendo un novo esforzo lle propuxo a Mari facerse noivos. Dende aquel día e ata o día de hoxe Pepe e Mari non se separaron e en todo este tempo viviron moitas aventuras, que por suposto te contaremos noutra ocasión.
(Autora: Valeria)
“Pepe e Mari e a tenda de adornos navideños”
Un día de decembro estaba Pepe lavando o chimpín cando sentiu soar o teléfono
- ¡¡Mari!! -estás ocupada, podes colle-lo teléfono?
Mari foino coller e estivo falando un rato.
- ¡¡ Pepe!! chamou Mari
- Que? respondiu Pepe
- Era a túa prima que témoslle que facer un favor
- E logo, que quere?
- Agotáronselle as árbores de nadal, acordouse da nosa plantación e preguntou se lle podiamos levar uns poucos.
Pepe deixou de lavar o chimpín e foi concentrándose para ir corta-los pinos.
En cinco minutos xa tiña 100 pinos cortados e postos en macetas, e Mari xa lles colocara as bolas e as luces.
Logo, colleron o chimpín, puxéronlle o óxido nitroso mesturado con gasolina da casa, cargáronno de pinos, meteron uns cantos regalos e arrancaron para a tenda. Presionaron no botón de nitro e chegaron á tenda que estaba en Madrid en menos de 20 minutos.
A súa prima cando os viu díxolles:
- Ai!! que bos sodes, non sei como pagarvolo!
- As persoas coma nós non pedimos nada a cambio - dixeron Pepe e Mari
(Autor: Martín)
“Pepe, Mari e Pacopaco en fin de ano”
O 31 de decembro do 2010 a familia de superheroes encontrábase no seu chalet da rivera siciliana que comprara despois de que lles tocara o “panchiloto” de cen millóns de euros.
Pepe estaba a facer a cea de fin de año para a familia cando á metade de cocer as cigalas, quedouse sen butano.
-Non pode ser!-dixo Pepe. Sempre pasa o mesmo.
Ao mesmo tempo que pasaba isto escoitouse a sirea de que había alguén en apuros. Entón, Pepe, Mari e Pacopaco colleron o chimpín e os tres superheroes foron a salvar a Silvio
Silvio era un home que se fora a ver ao Internacionale US Milán e non se acordara de felicitar á súa muller polo aniversario. A muller enfadárase tanto que o votara fora da casa.
Cando chegou a familia de superhéroes, a muller votouse a rir porque non había motivo para enfadarse por isa tontería e ó final perdou a Silvio.
De camiño a casa, a familia pasou pola gasolinera e comprou butano para así poder seguir cocendo as cigalas
E colorín, colorete pola chimenea abaixo vai un foguete.
Autor: Manuel
jueves, 8 de octubre de 2009
Obxecto misterioso nº4
(Martin)
miércoles, 7 de octubre de 2009
Instrucións de "Como funciona isto?" / Instrucciones de "¿Cómo funciona esto?

Imos ver se sabedes realizar instrucións.
Podemos facer instrucións de emprego de obxectos, de como realizar determinadas cousas (facer rir a un neno/a, dar un bico...)...
Hoxe imos a empezar cos obxectos. Para facer unhas boas instrucións sobre o emprego dun obxecto debedes incluir os seguintes apartados:
- Nome do obxecto
- Fonte de alimentación (electricidade, manual, pilas, aire, solar)
- Funcións: para que serve, como se emprega....
- Consellos
A continuación, marcade 2 sustantivos, 2 adxectivos e 2 conectores incluídos na vosa instrucción. Mirade o seguinte Exemplo:
- Sustantivos: reloxio, calculadora, video, aparato, electricidade...
- Adxectivos: dixital, eléctrico, doado, grande...
- Conectores: en primeiro lugar, logo, para empezar, ademáis, despois...
lunes, 5 de octubre de 2009
Obxecto misterioso nº 3
Serve para enganchar a roupa,a empregamos cando nos vestimos.É un obxecto moi útil á hora de vestirse.A utilizamos para que non nos caiga a roupa.
(Valeria)
jueves, 1 de octubre de 2009
Felicidades Laura
Felicidades Laura, hoxe será o día máis especial da túa vida xa que cumples 16 anos. Esperamos que cumplas 1.000 anos máis. Felicitche dende un lugar onde pasas 6 horas ó día, (Danny)
FELICIDADES ,
LAURA
Hoy es mi cumple!!
Obxecto misterioso nº2
O obxecto sirve para colgar cousas nos corchos por exemplo na miña habitacion teño un poste de RBD colgada con este obxecto.
(Laura)
Obxecto misterioso nº1
(Tito)
Felicidades!!!!
martes, 22 de septiembre de 2009
Cartas

Adiviña que é / Adivina quién es

- 1º parágrafo: como é (cor, forma, textura, tamaño, tipo de material co que se elabora...), tipos,
- 2º parágrafo: para que serve, cando o empregamos,
- 3º parágrafo: a túa opinión ou unha experiencia/anécdota sobre obxecto...
- 1º párrafo: cómo es (color, forma, textura, tamaño, tipo de material con el que se elabora...), tipos...
- 2º párafo: para qué sirve, cuándo lo empleamos,
- 3º párrafo: tu opinión o experiencia/anécdota sobre el objeto...
lunes, 21 de septiembre de 2009
Reforzamentes será o noso caderno de traballo durante este curso 09/10 e será un caderno especial por varios motivos:
Porque será diferente aos de papel,
Porque será grupal,
Porque tentará que fagades da palabra escrita e oral a ferramenta para comunicarvos cos demáis expresando emocións, defendendo as vosas ideas, opinións, dereitos ..
Porque permitirá plasmar a vosa imaxinación e creatividade a través da invención de historias e relatos
Porque vos permitirá aprender cousas sobre temas que vos interesan
Porque simularedes profesións como as de xornalista
Porque vos permitirá disfrutar da maxia da lectura
Porque vos fará entender as matemáticas da vida diaria...
e sobre todo porque vos permitirá facer algo único e voso e compartilo cos demáis...
Estades preparadas/os para escribir o voso blog?
Pois comezamos xa!!