miércoles, 21 de octubre de 2009

De como ser un/ha bo/a enquisador/a


As enquisas nos permiten coñecer o que pensan, opinan, senten ou fan as persoas.

Para facer unha enquisa, temos que elaborar un cuestionario. O cuestionario pode incluir os seguintes puntos:


  • unha introdución explicando o motivo da enquisa
  • explicación sobre a forma de responder (marque cun x, marque por orde de preferencia 1,2,3)
  • unha ou varias preguntas
  • alternativas de resposta ( sí/no, moito/pouco/nada...)
  • agradecemento pola colaboración

Ó longo do curso vos propoñerei facer diferentes enquisas en formato papel ou a través do blog. No caso de incluir a enquisa no blog, unicamente faremos unha pregunta con varias posibles respostas e pensaremos canto tempo ofrecemos para conseguir os datos.

As enquisas serán anónimas e publicaremos os resultados globais no noso blog.


EXEMPLO

(Introdución)

O centro ten previsto realizar unha excursión de fin de curso cos alumnos de 4º. Con este motivo, desexamos coñecer os seus desexos e preferencias.

(Forma de responder)

Pon, por favor, unha X enriba da opción que prefiras


(Preguntas e alternativas de resposta)

  1. Participarías na excursión? Sí / non
  2. Gustaríache que a excursión durase .... 2 días / 3 días / 4 días
  3. Prefires que inclúa actividades deportivas .... sí / non
  4. Prefires que a viaxe se realice en tren / en autobús
  5. Queres hospedarte en albergue/ tenda de campaña/ hotel










No hay comentarios:

Publicar un comentario