viernes, 9 de octubre de 2009

Somos uns-has contistas / Somos unos-as cuentistas



Como somos xente con maxín imos a contar os nosos contos, tralalá, tralarita!!!.


O que podiamos facer é ir engadindo cada un/ha unha parte do conto, o que se nos ocorra, vale? pero seguindo unha estrutura de conto e por suposto facendo o mellor conto que ninguén escoitou ou leu. Isto vai ser como as colchas que se fan con retales de tela e que logo quedan moi bonitas a pesar de que foron feitas con trozos diferentes.






Vou a empezar eu ...Se queredes podedes por entre paréntese o voso nome cando rematedes o voso "retaliño"






"PEPE, MARI E FAMILIA. HEROES DE ANDAR POR CASA"

Pepe e Mari eran dous superheroes pouco correntes.
Para empezar tiñan nomes de toda a vida, vivían nun pobo pequeno donde todo o mundo se coñecía, non eran nin xoves, nin guapos... e se desprazaban nun chimpín superchulo que .... (Reforzamentes) lle regalaran os seus pais. Era un chimpín novo e de cor azul, usábanno soamente para levar ao seu fillo ao colexio porque o autobús non pasaba por alí (Jonathan Quintela). Era moi rápido e tiña unha capota de plástico, tamén andaba só e cando había un atasco voaba.(Jonathan López).
Pacopaco, o fillo de Pepe e Mari, tiña 10 anos e xa empezaba a apuntar maneiras de superheroe. Cando os seus pais o recollían no colexio co superchimpín, Pacopaco podía escoitar dende o corredor do seu centro, e apesar de todo ruído que facían os 300 alumnos/as ao saír das clases, o claxón do Superchimpín que dicía "Pacopaco, pacopaco, pacopaco...". Entón Pacopaco se teletransportaba e aparecía de súpeto no confortable asento traseiro que por certo era de " blandiblu ". Cómo molaba afundirse no asento!!!
A Pepe e Mari non lles gustaba moito que Pacopaco se teletransportara na escola porque non querían que a xente pensase que eran unha familia diferente. A eles lles gustaba facer cousas boas polos seus veciños pero preferían que ninguén descubrise quen os/as axudaba.
Pepe, Mari e Pacopaco teñen un montón de historias que non queren contar porque non queren presumir de superheroes pero, eu que os aprecio vos vou a contar algunhas para que saibades a boa xente que vai polo mundo.

(Autores: J.López, J.Quintela, Reforzamentes )


“De cando Pepe e Mari se coñeceron”
Pepe e Mari, coñecíanse dende nenos de vivir no mesmo pobo porque xa se sabe que nos pobos, todos coñécense. Foran xuntos á escola, pero ata o instituto non tiveran a oportunidade de saber máis o un do outro.

Cando estaban a cursar 2º da ESO, comezaron a decatarse de que tiñan algo especial que os demáis non tiñan. Mentras os demáis rapaces estaban sufrindo cambios propios da adolescencia: os graniños da cara, os primeiros afeitados ou depilacións, as negociacións na casa para as primeiras saídas cos amigos e amigas... eles ademáis sorprendíanse con cousas extraordinarias que podían facer.

Nunca coincidiran na mesma clase pero aquel ano cursaron xuntos unha optativa que se chamaba Obradoiro de expresión escrita. Nesta clase, un día de novembro, tiveron a oportunidade de coñecerse de verdade e dunha maneira moi especial.

Aquel día a profesora lles propuxera facer unha historia con varias persoaxes e Pepe e Mari que tiñan unha imaxinación ilimitada, puxéronse de contado a “debuxar” na súa testa a historia que ían contar.
Cando Mari xa estaba a punto de darlle un final á súa historia ocorreu algo inaúdito, coloúselle unha persoaxe da historia que estaba imaxinado Pepe. Co susto, case cae do pupitre. Aquelo era ben raro, non tiña control sobre a súa persoaxe e a historia estaba a piques de perder todo o sentidiño!!. Ao mesmo tempo, escoitou a voz de Pepe dicindo “volve Laranxa, volve!”. Laranxa era o nome da persoaxe que Pepe inventara para a súa historia.

Mari mirou para Pepe, que nese intre estaba con cara de pau. Mari decatouse rapidamente do que estaba pasando e descubriu que sen falar en voz alta eles podían comunicarse e ademáis “ver” o que o outro estaba pensando.

Que fantástico foi aquel descubrimento!!. Que fantástico foi coñecerse!! Que estupendo descubrir que había máis xente coma un!! pensou Pepe

Mari, probou a contestarlle e lle dixo que o mesmo pensaba ela, e que non podía haber mellor persoa que el para compartir todo o que estaban a descubrir xuntos.

Pepe ao escoitar aquela voz, púxose coloradote como un pimiento morrón porque aquela voz, non era unha voz calquera, era a voz da rapaza que lle facía latexar o corazón a ritmo de hip-hop.

E así foi como comezou a historia entre Pepe e Mari, pero do seu noivado xa falaremos noutra ocasión!!

(Reforzamentes)



"Pepe e Mari fan que a festa da Xuventude non se estropee pola chuvia"

Era o día da festa da Xuventude e o telexornal daba auga. Era todo un problema porque a festa ía ser no campo.

Ás 12:00 da noite cando o campo estaba cheo de xente que bailaba coa Paris de Oza ao son de "Devuélveme la vida", empezou a chover a chuzos e ventar moi forte.A xente empezou a marchar e tiveron que parar as orquestras.

Pepe e Mari entón decidiron que tiñan que facer algo. Usaron os seus poderes.
Pepe e empezou a soprar, soprar e soprar e o ceo empezou a aclararse. A lúa iluminou o campo.
Mari, pola súa banda, dedicouse rapidamente a secar os charcos.

A xente chea de ledicia volveu á festa a bailar. Todos empezaron a decir que era un milagre e Pepe e Mari sorriron para si.

(Laura)



“Pepe e Mari fan a súa primeira viaxe xuntos!!”

Pepe e Mari xa estaban cursando 3º da ESO. A dirección do instituto decidira organizar unha excursión ao Caribe. Xa que era caro, recurriron ao concello e acordaron que iría o alumnado que presentase un alto nivel de estudo ou medio polo menos. Entre o alumnado seleccionado encontrábanse Pepe e Mari.

Pepe e Mari estaban moi contentos coa excursión. Ao chegar ao aeroporto, todos puxéronse moi nervosos menos eles que estaban moi tranquilos. Cando o avión despegou, os nosos superheroes case nin o notaron porque estaban a contarse mentalmente cousas sobre os seus novos poderes. Durante a conversa e sin darse conta foron acercándose máis e máis ata case tocarse. Pepe púxose tan colorado que votou a correr cara ó baño e sen querer ao levantarse chocou contra o pé de Mari, ela agarrouno pola man para que non caera. Mari seguiu sentada no seu asento cando Pepe regresou xa tranquilo e se sentou no seu asento.

Cando chegaron ao seu destino e o avión aterrizou, todos se quedaron máis tranquilos. Á chegada ao hotel tódolos alumnos foron ás súas habitacións e coincidiu que Pepe e Mari estaban na mesma planta nas habitacións 105 e 106, un ao carón do outro, que ben!!

Despois de desfacer as súas maletas decidiron ir á praia. Ao chegar, viron moi pocas ondas. Non podía ser, algo tiñan que facer!! Os dous puxéronse mans á obra e provocaron un vento para que as ondas se fixeran de maior tamaño. Todos os xoves que había na praia puxéronse contentísimos e empezaron a surfear, incluso Mari e Pepe que o pasaron moi ben xuntos.

Tras unha longa xornada de surf regresaron ao hotel. No camiño de volta, Pepe viu un restaurante chulo e se lle ocorreu unha idea: invitar a Mari a cear. Pepe que era moi tímido esperou a que todos os compañeiros/as entrasen nas súas habitacións para dirixirse á porta de Mari. Pepe estaba todo colorado cando Mari abriu a porta, sacou forzas de onde non as tiña e invitouna a cear. Mari aceptou encantada e foi a vestirse de festa.

Durante a cea os dous falaron das actividades que fixeran polo día e da excelente idea que tiveran para arranxar o problema das ondas. Ao finalizar a cea, volveron ao hotel e no momento da despedida Mari tomou a inicitativa e besou a Pepe. Pepe quedou tan cortado que durante o resto da excursión non volveu a falar con Mari e iso que a excursión duraba sete días!!.

De volta ao seu país, volveron a falarse contando algunha tontería da viaxe e nese intre Pepe facendo un novo esforzo lle propuxo a Mari facerse noivos. Dende aquel día e ata o día de hoxe Pepe e Mari non se separaron e en todo este tempo viviron moitas aventuras, que por suposto te contaremos noutra ocasión.

(Autora: Valeria)



“Pepe e Mari e a tenda de adornos navideños”

Un día de decembro estaba Pepe lavando o chimpín cando sentiu soar o teléfono

- ¡¡Mari!! -estás ocupada, podes colle-lo teléfono?
Mari foino coller e estivo falando un rato.

- ¡¡ Pepe!! chamou Mari

- Que? respondiu Pepe

- Era a túa prima que témoslle que facer un favor

- E logo, que quere?

- Agotáronselle as árbores de nadal, acordouse da nosa plantación e preguntou se lle podiamos levar uns poucos.

Pepe deixou de lavar o chimpín e foi concentrándose para ir corta-los pinos.

En cinco minutos xa tiña 100 pinos cortados e postos en macetas, e Mari xa lles colocara as bolas e as luces.

Logo, colleron o chimpín, puxéronlle o óxido nitroso mesturado con gasolina da casa, cargáronno de pinos, meteron uns cantos regalos e arrancaron para a tenda. Presionaron no botón de nitro e chegaron á tenda que estaba en Madrid en menos de 20 minutos.

A súa prima cando os viu díxolles:
- Ai!! que bos sodes, non sei como pagarvolo!

- As persoas coma nós non pedimos nada a cambio - dixeron Pepe e Mari


(Autor: Martín)



“Pepe, Mari e Pacopaco en fin de ano”

O 31 de decembro do 2010 a familia de superheroes encontrábase no seu chalet da rivera siciliana que comprara despois de que lles tocara o “panchiloto” de cen millóns de euros.

Pepe estaba a facer a cea de fin de año para a familia cando á metade de cocer as cigalas, quedouse sen butano.

-Non pode ser!-dixo Pepe. Sempre pasa o mesmo.

Ao mesmo tempo que pasaba isto escoitouse a sirea de que había alguén en apuros. Entón, Pepe, Mari e Pacopaco colleron o chimpín e os tres superheroes foron a salvar a Silvio

Silvio era un home que se fora a ver ao Internacionale US Milán e non se acordara de felicitar á súa muller polo aniversario. A muller enfadárase tanto que o votara fora da casa.

Cando chegou a familia de superhéroes, a muller votouse a rir porque non había motivo para enfadarse por isa tontería e ó final perdou a Silvio.

De camiño a casa, a familia pasou pola gasolinera e comprou butano para así poder seguir cocendo as cigalas


E colorín, colorete pola chimenea abaixo vai un foguete.


Autor: Manuel

No hay comentarios:

Publicar un comentario