martes, 17 de noviembre de 2009

Para pensar...

Canto máis pobre é un país, máis arrisca a xente por conseguir unha oportunidade e unha praza educativa.
Non tódolos países ofrecen prazas educativas para tódolos rapaces, nin as ofrecen gratuitamente, nin ofrecen transporte, comedor, ordenadores, saídas extraescolares e complementarias, obras de teatro, concursos para os seus alumnos/as, xornadas especiais, biblioteca con cómics, videos, revistas, concertos, charlas ...
Que sorte poder ser un Reforzamentes, que sorte ser alumno/a de Viós!!




OPINA NO APARTADO COMENTARIOS: Que pensarían os rapaces/zas do video se souberan que nalgúns sitios a xente "lata", non lle da importancia a titular, non coida o seu material ou non agradece que os profes intentemos que os nosos alumnos/as sexan mellor cada día?

1 comentario:

  1. Reforzamentes tivo noutros centros alumnos e alumnas procedentes doutros países que estiveron sen escolarizar en anos anteriores porque no seu país había un cupo, é dicir un número limitado de prazas para estudar. Cando o cupo de prazas se agota, os rapaces/zas que quedan fora non poden ir á escola.

    Moitos adultos procedentes doutros países chegan ao noso país en busca de traballo e tamén de estudos. Fan xornadas agotadoras para poder combinar vida laboral e formación, aproveitan as oportunidades e o tempo ao máximo porque saben que mellorala súa vida pasa por facer este esforzo.
    Soe sorprenderlles moito que para estudar en España ESO, Bacharelato ou FP non teñen que pagar nada.

    Reforzamentes está donde está porque estudou e segue estudando para mellorar. O esforzo sempre trae consigo o éxito!

    ResponderEliminar