domingo, 22 de noviembre de 2009

25 DE NOVEMBRO, DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO


É importante que todos e todas saibamos que na violencia de xénero ten lugar o que se chama CICLO DA VIOLENCIA e que ten 3 fases:

-FASE DE ACUMULACIÓN DE TENSIÓN: O maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina, móstrase molesto ante calquer comportamento da muller, insulta, menosprecia e realiza actos de violencia menor. A tensión prodúcese por conflitos cotiás. A vítima intenta calmalo e mesmo chega a culparse. A tensión aumenta ata chegar a fase seguinte.

-FASE DE AGRESIÓN: Prodúcese a agresión física, psíquica ou sexual grave. A violencia do agresor lle calma, non é unha demostración de forza, senón un acto de impotencia (como non alcanza as súas expectativas, sente que perde poder e agrede para recuperalo).

-FASE DE "LÚA DE MEL" OU ARREPENTIMENTO: Fase de calma ou arrepentimento, promesa de non volver a agredir. A vítima cre neste cambio e volve co agresor. Despois iníciase novamente o ciclo.


No enlace http://www.elmundo.es/documentos/2004/06/sociedad/malostratos/2006/diario_sara/index.html poderás atopar EL DIARIO DE SARA. Iste documento foi elaborado hai uns anos a partir do relato dunha muller que era vítima de violencia de xénero.
A nosa próxima tarefa será atopar no diario algún feito ou situación que se corresponda con cada fase do ciclo da violencia. Identificando as fases coñeceremos un pouco a violencia de xénero e poderemos colaborar na loita contra a mesma.


Neste outro enlace http://www.redfeminista.org/searchnoticias.asp?id=muertas2009 poderedes acceder aos casos de violencia de xénero que se produxeron durante este ano 2009. Tamén atoparedes datos de todos os tipos de violencia de xénero: maltrato psicolóxico(menosprecio privado e público, insultos...), físico (golpes,feminicidios, homicidio por honra...) e sexual (violacións, mutilacións xenitais, acoso sexual, prostitución...).
Con estes datos e como homenaxe ás vitima de violencia de xénero, cada un de nós fará un cartel adicado a unha vítima e unha mensaxe en contra desta violencia.

VAI POR ELAS!!! VAI POR TODOS/AS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario