jueves, 22 de abril de 2010

Aquí é noticia que...



Xa sabemos que moitos de vós estábades a preguntarvos ¿que raios estarán a facer os reforzamentes que non dan publicado novas entradas?
A pregunta é lóxica e a resposta tamén: estabamos a facer traballar o miolo con ideas novas. Xa temos a punto monólogos, lendas, historias de "Pepe, Mari e Pacopaco, heroes de andar por casa" e agora andamos a facer noticias de todo o que nos chega ás mans.

A ver se sabedes que textos son os que convertimos en noticias de última hora, aí vai a primeira:


Encontrados os corpos dos tres porquiños. Capturado o presunto culpable


Despois de dous meses de intensa busca foron achados os restos dos tres porquiños.

Recordemos que os tres acapararon as portadas das revistas durante os últimos anos polas extraordinarias construcións en Marbella en pleno bum inmobiliario.

Os restos apareceron nunha cabaña situada nunha zoa montañosa. Sospéitase que se practicou con eles algún extraño ritual xa que as extremidades inferiores apareceron colgadas e salgadas.

O presunto autor dos feitos,apodado "O lobo", terminou recoñecéndoo tras horas de interrogatorio. Ao ser trasladado ao centro penitenciario increpou aos periodistas gritando: A todo porco lle chega o seu Sanmartiño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario